mércores, 28 de febreiro de 2018

¿QUÉ É EDUCACIÓN FÍSICA?


A Educación Física é unha das áreas contempladas como imprescindibles para a formación integral do individuo.







Curiosamente seguimos sen desterrar o termo "Ximnasia". Supoño que por economía da linguaxe, sendo que é un termo de todo incorrecto. Ximnasia é o nome dun par de especialidades deportivas. a educación física é unha posta en valor de todo aquelo que engloba ao movemento humano.

O obxectivo que pretendo é pór ao alumnado en contacto co maior número posible de experiencias relacionadas co movemento, incluindo a faceta expresiva e rítmica.

EDUCACIÓN FÍSICA vs ESPECIALIZACIÓN DEPORTIVA

Non é o mesmo, afortunadamente. A educación física ten como obxectivo unha  "multiexploración" de posibilidades.
A especialización deportiva en nenos é, na miña opinión, un erro. Se temos diante un corpo en pleno crecemento e maduración física e psicolóxica, non podemos insistir en certos movementos repetitivos sobre determinadas articulacións ou segmentos corporais. Estamos, neste caso, alterando o desenvolvemento harmónico do noso alumnado e posiblemente causando algún tipo de lesión non desexable, polo abuso dese segmento e movemento.

Tocante ao esforzo solicitado á hora de competir... Os nenos e nenas non son adultos en tamaño reducido, polo contrario son corpos e mentes en plena evolución, polo tanto non podemos aplicar normas, materiais e esixencias do deporte regrado. A actividade ten que ser adaptada aos máis pequenos.

¿POR QUE É NECESARIA A EDU CACIÓN FÍSICA?

A ninguén se nos escapa que, desde que o ser humano aparece no planeta necesita sobrevivir. A supervivencia virá dada pola súa forza e habilidade física e psicolóxica á hora de solventar problemas como cazar, recolectar alimentos e loitar polos postos de poder. Os máis fortes, hábiles e intelixentes dirixirían a tribu, e en caso de necesidade, por selección natural, serían os que sairían adiante.

Hoxe en día non precisamos cazar ou sobrevivir, ou sí? Hoxe necesitamos sobrevivir ás tecnoloxías, á comida insalubre e ao sedentarismo. O noso mundo está cheo de pantallas que che piden que te deteñas e mires; dun mundo que se comunica a través de máquinas, sen ter que desprazarnos. Para comer teremos acceso, a maioría das persoas, a unha variedade inmensa de alimentos cheos de substancias nada saudables, en centros comerciais con ascensores, escaleiras mecánicas... Se paramos a observar quen prescinde destes dous medios de "desprazamento", veremos que case ninguén... Como consecuencia os problemas de saúde cardiovasculares e a obesidade son, neste momento, altamente preocupantes.

Algúns nenos e nenas só disfrutan do movemento e exercicio físico nas dúas horas semanais en que asisten ás sesións de Educación Física que teñen lugar nas escolas. ¿Que sucedería se non fixesen nin eso?

A actividade física axuda a manterse saudable, a ter que pensar como resolver situacións motrices e necesita ser compartida, polo que é un medio de socialización e de aprender a quererse a un mesmo, aceptándose tal e como é.

Aquí deixo un enlace a un vídeo relacionado co tema que acabamos de comentar. Feito pola Fundación Mapfre. Presta atención, porque en poucas palabras e de xeito sinxelo a importancia do movemento e a actividade física. Clica sobre o enlace.


https://youtu.be/iYz2E-LLAl0
 
Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.